Fragmentos de Alberte A. Pereira

Alberte A. Pereira (A Guarda, 1964)
Fotógrafo autodidacta e independente. Despois dun primeiro achegamento á fotografía é a partir de 2012 cando realmente se implica e se decanta pola fotografía de rúa. Logo dun tempo percorrendo as rúas e ser testemuña do que pasa nelas, asiste a obradoiros de formación con fotógrafos de renome como Eduardo Momeñe, José Manuel Navia e  Walter Astrada.

As súas imaxes ten sido expostas en diversas cidades como Vigo, Santiago, A Coruña, Lisboa, Miami, San Francisco e Londres. En 2016 xunto con outros fotógrafos funda o grupo Quitar Fotos, un espazo de reflexión, diálogo e difusión de propostas visuais de rúa e documentais.

Os seus traballos ten sido recoñecidos en diversos festivais internacionais, sendo finalista no Miami Street Photography Festival (MSPF) 2015, no 2016 foi finalista nos StreetFoto San Francisco – Internacional Street Photography Awards e no London Photo Festival – Street Photography Competition. Ese mesmo ano foi seleccionado no TOP 100 do LensCulture Street Photography Awards e destacado polo editor Jim Casper entre os 111 New Street Photography Discoveries e recentemente nomeado  Finalista no StreetFoto San Francisco – Internacional Street Photography Awards

 

Deja una respuesta